a leda margarita ledo
é o símbolo vermello,
qué ledicia,
bandeira, verba
escura/clara/popular
da terra chá,
recendo
a uz e labradío,
ceibe
laverca chiadora,
voz de
mil ríos cantareiros
que conflúen no miño
vía/vea/arteria
vital/vivificante
da nosa patria,
boi
pousón/forte/poderoso
que percorre o corpo
de Galiza,
berrando
luz anunciadora dos
tempos son chegados:
afiar fouces=espirais
cintilantes como vermellas
estrelas cegadoras,
comezar, sen máis,
a seiturar herbas
zu-
ga-
do-
ras,
ruís/parasitarias
que cobren=acubillan
á nosa nación colonizada.
Poemas para construír unha patria
(1977)
Ningún comentario:
Publicar un comentario