martes, 29 de novembro de 2016

O bardo e a aldraxe

Non estou cantando
o pasado do meu pobo,
nin escribindo
unha elexía.
Estoume laiando
con resentimento
e acedume,
con mágoa e odio,
por aquel tempo
no que o mel e o leite
eran ofrendados aos deuses.
Envexo o tempo no que
os poetas aínda
facían profecías
e o pobo sabía manexar
a fouce a bisarma.

Aldraxe contra a xistra (1973)


Ningún comentario:

Publicar un comentario