Galicia outonal da decadencia,
fogueira de chama amortecida,
estraña lembranza amortecida,
mar ilimitado de paciencia.
Galiza vella, pobre herencia,
patria asoballada e ofendida,
mágoa arrepiante, sometida
a séculos de dor e impotencia.
Chanta, no fondo, boa semente,
impón o dereito de vivir
e ergue a túa voz iradamente.
Olla con firmeza o teu porvir.
¡Berra pola luz e pola xente
e comeza, sen máis, a combatir!
Poemas ao Outono (1977)
Ningún comentario:
Publicar un comentario