Galiza é un paraíso, un xardín
cultivado con ciencia e con beleza.
Non se ollan, por ningunha banda,
ortigas, hedras, silveiras,
cardos, toxais ou codesos.
Tampouco hai campos ermos.
Os labregos son moi cultos e teñen
un nivel económico envexábel:
cultivna as terras con aveños
modernos e, nas súas casas
confortábeis, len aos nosos
clásicos, escoitan música
e ollan a paisaxe demoradamente
e con lecer para interpretar
o seu significado misterioso.
O mesmo se pode dicir
dos mariñeiros, dos obreiros
e das demais clases sociais
do país. Non quedan corredoiras.
Os emigrantes eran unha vergoña
e unha lacra que desapareceu
hai moitos séculos: un mal
recordo. Agora os inmigrantes
-Deus sexa louvado- son a mao
de obra, quérese dicir:
os proletarios,
apoio e sostén da nosa industria
que non ten igual no mundo enteiro.
Odes nun tempo de paz e de alegría
(1972)
Ningún comentario:
Publicar un comentario