mércores, 14 de decembro de 2016

Permanencia

A túa lembranza é un grande oco
e tamén ferida fonda
que vai para o alén da nosa dor.
O tempo vaite facendo, intre
a intre, música e nostalxia
enormemente sutil e delicada.
Moito do que ti fuche está
en nós. Agora xa eres sombra
lene, obsesiva e misteriosa
que nos ampara cara
o terríbel arrepío do non ser.

As lúcidas lúas do Outono (1988)


Ningún comentario:

Publicar un comentario