luns, 26 de decembro de 2016

Panxoliña do poeta

-O camiño está só.
A noite sen luz.
-¡Alumando a noite
o Neno Xesús...!

-O río vai cheo.
A noite pon medo.
Nin unha estreliña
e ningún luceiro
arden aquecendo
o fondo do peito!
¡Vanse apagar
estes meus anceios!
¡Os degaros meus!
-Ergue os ollos. ¡Mira
brillar ó Luceiro...!
¡O Neniño Deus!
¡O Deus verdadeiro!

-Ten luz o camiño.
¡A noite sen medo!
¡O Neno Xesús
naceu no meu peito!

Panxoliñas (1992)


Ningún comentario:

Publicar un comentario