No meu corazón hai dor
e o amor da miña amiga.
¡Por odio teño unha flor
e por luz esta cantiga!
É noite. Noite amantiña.
¡É noite de Navidade!
¡E na noite unha estreliña
brilla con máis claridade!
Hoxe por nós nace o Neno.
Nós precisamos máis luz.
¡Nace entre pallas e feno
e morrerá nunha cruz!
O amor da miña amiga.
O meu corazón sen dor.
¡E por luz desta cantiga
a gracia do Redentor!
Panxoliñas (1992)
Ningún comentario:
Publicar un comentario