luns, 12 de decembro de 2016

Poema/hippie/case/telegrama

Inxenuos/inofensivos/inocentes hippies
anarco/internacionalistas/drogadictos
que estades de volta de todo sen
ter saído nunca/nunca de vós mesmos
e refugades, co odio da vosa pouca
forza,
             SOCIEDADE/CAPITAL/CONSUMO
e andades a proclamar un mundo NO/vo:
FAGAMOS O AMOR E NON A GUERRA,
¿Intentástedes algunha vez mudar
de
      v-e-r-d-a-d-e
                             as ESTRUCTURAS
que nos apreixan e afogan como as redes
que os mariñeiros usan contra os peixes?
¿Parástesvos a meditar/cavilar/reflexionar
que, QUEIRADES OU N-O-N, vós tendes:
... unha terra de cós e patria propia...?

Poemas para construír unha patria (1977)


Ningún comentario:

Publicar un comentario