domingo, 22 de novembro de 2015

Afiador!

Na claridade perfecta da mañá
o afiador ceibaba, de súpeto,
un paxaro sinxelo e prodixioso:
as notas no seu chifre.
As faíscas da roda eran
un asombroso ouro fuxidío.
Viña de lonxanas terras
e nunca se sabía para onde ía.
A súa marcha deixaba en nós
a nostalxia de todos os camiños.

Ritual para unha tribo capital de concello (1986)

Ningún comentario:

Publicar un comentario