Tremor
A noite en Compostela é como un prego
aluado de campanas e silencios.
As rúas solitarias, na alta noite,
gardan os segredos dos luceiros
e unha historia de medos e crimes.
A noite en Compostela é corazón medroso
como follas que no Outono morrerán.
Algo lle di a Compostela a súa elexía
no vento da noite dos defuntiños,
na voz das campanas que o medo ateiga
para que no mar se afoguen.
As flores morren cada serán para renacer
na doce intimidade da luz de cada alba.
Os anxos da melancolía e da tristura
ollan sempre ao luar en Compostela.
¡As sombras semellan lanzas longas
e a noite ouvea como un lobo famento!
Poemas a Compostela (1993)
Ningún comentario:
Publicar un comentario