martes, 10 de novembro de 2015

O lóstrego do insólito

Os titiriteiros sorprendíannos
e asombrábannos. Na nosa vida
eran o insólito. Un brevísimo
lóstrego que aparecía
e desaparecía nun abrir e nun
pechar de ollos. A función
resultaba triste e pobre,
anque a nós nos semellaba
o nunca visto. Cando se ían
a tribo quedaba máis valeira.
E nós voltábamos a entrar,
con pesadume aceda,
na rutina vulgar de cada día.

Ritual para unha tribo capital de concello (1986)


Ningún comentario:

Publicar un comentario