Oda aos obreiros
Os obreiros están desexando
que cheguen as invernías
porque é fermoso traballar
baixo lousado, con boa
temperatura, cos derradeiros
adiantos da técnica
e dispoñendo de todas as
comodidás imaxinábeis.
Cando voltan ao seu lar
atopan aos seus fillos,
ledos e felices, enredando
cos xoguetes ou lendo
libros e revistas infantís.
A muller, entre tanto,
anda a preparar a cea
nunha cociña comprida,
limpísima e moderna.
O obreiro, mentres non chega
a hora de cear, feliz
de estar no seu fogar,
abre o xornal, alcende
o televexo, prende un cigarro,
sérvese un wiski, séntase
nun butacón moi confortábel,
olla os fermosos cadros
que están pendurados nas paredes
e disfruta -sen facer horas extra
nin lembrarse tampouco do monstro
chamado pluriemprego-, difruta,
como digo, do descanso que ten
tan ben gañado e merecido.
Odes a un tempo de paz e de alegría
(1972)
Ningún comentario:
Publicar un comentario