Canción á miña abulia
acentuada
Inquirín a miña inocencia
no cabalo
sen brida do meu verso.
Neste verán apático
rachei flores
coa miña carraxe de
verdade verbeneira.
Miña nai confesoume que eu
tiña
unha alma moi moderna.
As miñas verbas tiveron
agullas
secretas para aquel xoven
profesor
que me suspendeu
literatura.
Agacheime de min mesmo
algunha vez
e respirei ávidos ventos
nacidos
máis aló da cursi
primavera.
Escribireille lindas cartas
á miña simpática monada:
pomba de verbas sen
sentido.
De aquí para diante
seguirei facendo
versos, cumprirei 50 anos
e morrerei unha noite de
inverno
sen silencio de estrelas
nin de flores.
Morrendo a cada intre
(1952)
Ningún comentario:
Publicar un comentario