No corpo delgado
pola Primaveira
nace a muiñeira.
|
|
|
No corpo belido
da perna lixeira
faise a muiñeira.
|
No corpo lixeiro
como unha peneira
baila a muiñeira
|
|
|
No corpo belido
que non ten amigo
chora a muiñeira.
|
No corpo delgado
que está namorado
canta a muiñeira.
|
|
|
Queira ou non queira
baixo a abelaneira
queda a muiñeira.
|
A perna lixeira
peneira e peneira
baixo a abelaneira
para ser muiñeira.
|
|
|
¡Para ser muiñeira
nace a Primaveira!
|
As rúas do vento ceibe (1979)
Ningún comentario:
Publicar un comentario