mércores, 14 de outubro de 2015

A luzada poderosa

Ante a premonición da traxedia, a previsión da catástrofe, o poeta manifesta o poder máxico da palabra:

O agoiro

Non temades:
é un paxaro noitébrego que anda de vagariño sobre as cousas,
non son espíritos feitos de medo na noite,
non son ondas de mar, abertas coma rosas,
nin ladaíñas calladas de saloucos.

É un paxaro noitébrego somentes
que di de vagariño o seu agoiro,
que di de vagariño o seu agoiro ao vento.

Vós agardades a luzada
por medo a ese silencio que ouvides latexar.
Os vosos ollos non teñen bágoas núas
e por iso tedes os brazos en cruz
e a alma pendurada dun cabelo.

Non temades:
o poeta divos a súa palabra encantada
que, coma unha bolboreta maina e cristalina,
traerá un anaco de paz á vosa alma [...]

Advento (1954)


Ningún comentario:

Publicar un comentario