Os defuntiños
Os defuntiños son terra unicamente
e lembranza, sombra dunha voz ouvida,
cinza da fogueira na que ardeu
o amor, o odio e a carraxe,
fino instrumento pulsado pola vida,
pedra furada pola dor,
ollos que a luz agarimou,
beizos con sede e fame
e non unicamente de auga e pan.
Os defuntiños, calados irmaos noos,
rematan por ser só unha cousa:
terra usada pola terra
para sementar a vida novamente.
Versos do lume e do vagalume (1982)
Ningún comentario:
Publicar un comentario