Aínda que é unha mágoa que esta composición de Manuel siga estando vixente na actualidade, case cincuenta anos despois de cando foi escrita, escoitala na cálida voz de Uxía (cun magnífico acompañamento musical) na Casa de Hortas para conmemorar a data de nacemento do autor, foi un verdadeiro pracer.
Podedes escoitala tamén na versión recollida no disco que acompaña ao libro Os lonxes do solpor.
Breve
manual para deprender para señorito
Aínda
que un non sexa moi bonito
non é
difícil chegar a señorito.
Primeiro
hai que odiar o comunismo,
e
pensar somentes en un mismo,
non
facerlle moito caso aos pais,
tratar
con certo desprecio aos demais.
Hai
que ter en conta o que convén,
adequirir
modales finos,
codearse
só con "xente ben",
aproveitados,
cucos e cretinos,
ser
socio de todos os casinos,
mercar
sempre autos deportivos
e
traxes e corbatas elegantes,
coñecer
toda clás de aperitivos,
saberse
comportar nos restaurantes,
distinguir
os wiskis ao cheiralos,
entender
de bridge e de canasta,
de
golf, de tenis e cabalos,
non
alternar con xente doutra casta.
Tamén
é convenente ter querida,
xantar
e cear sempre a deshoras,
abusar
o que se poida da bebida
e ser
moi galante coas señoras.
Non
falar galego endexamais
(é
idioma do pobo, moi vulgar),
vivir
do que súan os demais,
¡e
denantes morrer que traballar!
Versos
para cantar en feiras e romaxes (1969)
Ningún comentario:
Publicar un comentario