As
árbores desnúdanse amodiño,
derramando,
a bocados, un tesouro:
follas
de prata, recamadas de ouro,
nun
solpor alampado e mareliño.
As
follas que se xuntan no camiño
ollan
nubes dun chumbo case mouro
e o
marmurio do río faise estouro,
blasfemando
da morte e do destiño.
Tal
como unha árbore estoume espindo
e
deixo transparente esta paisaxe
de
Outono melancólico e cincento.
Seméllome
ao carballo. Vou sentindo
a alma
como se fora unha ramaxe
loitando
encoraxada contra o vento.
Poemas
ao Outono (1977)
Ningún comentario:
Publicar un comentario