Regato do Cepelo: naces e morres
na miña tribo, breve como
a milagreira pinga do orballo
que se pousa no pétalo da rosa,
espello dos meus soños, murmurio
da frauta e do asubío, salouco
emocionado e irreprimíbel, cunco
de pureza musical, laverca
chiadora, fadada raioliña
de lúa deitada docemente
nesta terra, humana e vella, só
para darlle a túa delicada levedade.
Ritual para unha tribo capital de concello (1986)
Ningún comentario:
Publicar un comentario