Elexía nº 12
Amor,
vento, soidade sen corazón:
case
me sinto novo cando
vexo
morrer un paxariño.
Liñas
máxicas nas espadaíñas máis recentes.
Todo é
transcendente: póñome alegre
ao
pensar que todo morre.
Engano
a todos os que pensan
que
estou fusilado para sempre,
e, a
dicir verdade,
eu
aínda penso dar moitos desgustos.
Sabedes
algo
vós
da
miña vida?
Elexías
á miña vida pequeniña (2004)
Ningún comentario:
Publicar un comentario