Fiel
amigo das néboas e da noite
semento
no escuro a miña voz:
mesto
silencio que me cingue
e
loita por ser choiva
para
agarimar o mundo
con
estas maos labregas
feitas
de tenrura e cantería.
Todas
as cousas
precisan
da palabra para vivir.
E sei
que o mundo enteiro cabe
nunha
ollada humilde e inocente.
As
lúcidas lúas do Outono (1988)
Ningún comentario:
Publicar un comentario