Terra
de noso, carnal e apaixonada,
coroada
estás de neve e fermosura:
tés
degaros de azul, sede de altura
e unha
luz virxinal, case sagrada.
Pois
no teu colo a luz fíxose pura,
estaño
delirante, cita certa
que
nos leva, sen máis, á descuberta
esencial
da paisaxe e a súa fondura.
Cupreso
rumoroso, lanza en vela,
que
decoras de escuro tanto verde:
dáslle
pousada á brisa na Rodela.
Camiña,
namorada, a miña arela
dende
a Cruz de Outeiro a Vilaverde:
¡gárdoa no corazón: temo perdela!
Sonetos ao Val de Quiroga (1988)
Ningún comentario:
Publicar un comentario