Por
dentro vas calada e consumida
por
unha forza cega e poderosa.
E por
fora es áspera e rugosa,
oliveira
retorta como a vida.
Se a
túa intimidade é sorprendida
agroma
mainamente pudorosa:
faise
pequena folla rumorosa
e dice
unha canción leve e contida.
Vella
oliveira do Val, nube e remol,
pila
de cinza dun verde prata e gris:
ti
estás feita de pedra, terra e sol.
Ignoras
o tulipán e a flor de lis:
pro si
que coñeces e amas o ouriol
e amistache co merlo e co malvís.
Sonetos ao Val de Quiroga (1988)
Ningún comentario:
Publicar un comentario