domingo, 10 de abril de 2016

Val de Quiroga, país marabilloso

Despois dunha magnífica xornada camiñando e lendo poemas de Manuel María (e doutr@as autores e autoras que tiveron relación coa contorna) polas terras do Val de Quiroga, o segundo dos sonetos que aparece no seu poemario parece ter máis sentido ca nunca:

Púcaro de mel, cunca de pureza,
oliveira, cerdeira, vimbio e viña,
doce brisa que canta e aloumiña,
ollada aberta só para a beleza.

¡Qué aire fino, sutil e transparente;
qué fogar tan aberto, tan amigo;
qué paraíso feliz o estar contigo
e qué paixón humana a da túa xente!

Eres alucinada luz e claro abril,
ferenza do meu sangue rumoroso,
ceibe, fiel e namorado: como o Sil.

Val de Quiroga, país marabilloso:
¡fai deste noso soñar pobre e souril
un amor puro, enorme e xeneroso!

Sonetos ao Val de Quiroga (1988)

Ningún comentario:

Publicar un comentario