venres, 1 de abril de 2016

De artes e ideas

Este ano celébrase por primeira vez o Día das Artes Galegas, e o homenaxeado, como non podía ser doutro xeito, é Castelao, a quen Manuel María adicaba estes versos, aludindo non tanto á súa produción artística como á súa defensa da cultura galega.

Invocación a Castelao

Home cabal,
conciencia comunal,
forte penedo
contra a noite e o medo,
trono
que nos tirou o sono
facéndonos acordar
e camiñar,
fe poderosa
que estea á patria nosa,
limpa aurora,
vida fecunda e creadora,
voz que berra
a verdade da Terra,
guieiro,
compañeiro
preciso como o pan,
tremor humán,
facho puro
alumando o escuro.
Castelao:
pai e irmao.
Verba de luz inxel:
¡Daniel!

Cantos rodados para alleados e colonizados (1976)

Ningún comentario:

Publicar un comentario