Hoxe unha tribo de camiñantes percorre as terras do Val de Quiroga, facendo un roteiro que segue as referencias toponímicas de Manuel María no libro de sonetos que lle adicou á que fora terra da súa avoa materna. O percorrido da andaina iníciase en San Clodio:
Ribas
do Sil, lembranzas dun mosteiro,
puro
silencio que o ar cerca o sostén:
¡tés
a paisaxe partida polo tren
e
sorrís no setembro vendimeiro!
Se
unha soidade che vai outra che vén
mentres
no Sil se afoga algún luceiro.
O
tempo vai pasando algo tristeiro
por
camiños que chegan sen ninguén.
Contemplas
mudo o monte e o abicedo,
dun
xeito cotidiano e indiferente,
porque
sabes moi ben que sempre é cedo.
Mentres
cantan os ventos no arboredo
ollas
pasar a vida mainamente
sen
ter unha esperanza ou sentir medo.
Sonetos ao Val de Quiroga (1988)
Ningún comentario:
Publicar un comentario