Os símbolos que nos legaron
os nosos pais e que
a eles
lles transmitiron os avós
e estes recibiron,
á súa vez, dos bisavós
son ben sinxelos:
a fouce
que forxou e templou
Rosalía,
que afiaron
Pondal/Curros/Cabanillas,
que usaron os agrarios.
E unha bandeira
-a nosa-
azul e branca.
Nós recollemos, con amor
e paixón, estes símbolos
e deixarémosllos un día
aos que veñan detrás,
enriquecidos
coa espiral que significa
luz/vida/irmandade,
PATRIA LIBERADA
e estrela vermella/popular
hoxe guía na terra
e mañá sol/socialista
a brillar sobor
da nosa nación ceibe
nun próximo
PORVIR-QUE-SE-OLLA-VIR.
Poemas para construír unha patria (1977)
Ningún comentario:
Publicar un comentario