Hoxe tiven o pracer de reencontrame con Xosé Estévez, Pepucho, amigo de Manuel María e prologuista dos Sonetos ao Val de Quiroga; entre outros moitos asuntos dos que falamos, saíu a tema este magnífico poema, ao que el lle ten grande estima:
Quiroga,
miña queiruga montesía,
escura
razón de ser do meu cantar:
eres
moito máis fermosa con luar
que
escintilando á luz do mediodía.
Eu
sempre te quixera contemplar
como
unha fonda, sinxela melodía,
o
mesmo que a canción da cotovía:
pura
nostalxia perdéndose no ar.
Tíñate
na lembranza, adormecida,
mistura
de realidade e ilusión,
como
terra soñada e prometida.
Ti
déchesme un amor: esta ferida
que
lle obriga a latexar ao corazón
e a manter acendida a propia vida.
Sonetos ao Val de Quiroga (1988)
Ningún comentario:
Publicar un comentario