Un dos textos de Manuel María escollidos para seren levados á musica no libro A voz do vento é este fragmento, pertencente a unha obra moi reivindicativa, que segue totalmente vixente.
A
nosa Historia cabe
en
poucas páxinas:
o
sangue vertido
no
Medulio,
as
revoltas irmandiñas,
Pardo
de Cela,
a
voz dos Precursores
ardendo
en
luminosa profecía:
Faraldo,
Brañas,
Rosalía,
Curros,
Pondal,
os
Mártires de Carral,
Vilar
Ponte,
Cabanillas,
Aleixandre
Bóveda,
Castelao
de Rianxo,
a
ringleira sen fin
dos emigrados...
|
Ao lembrar
a nosa Historia
verdadeira
todo o noso ser
se pon en pé,
a nosa conciencia
esperta alporecida,
ferve o noso sangue,
latexa máis forte
o noso corazón,
sentimos a forza
das raigañas
que nos xuguen
á terra
e ao seu sino;
escoitamos como
a voz do vento
nos relata
os feitos memorábeis,
esquecidos adrede
nos manuais ao uso.
|
As árbores,
os camiños,
os penedos,
os ríos,
os cruceiros,
gardan a lembranza
daquelo que nunca
poderemos esquecer
porque é o que
nos fai sentir pobo
e nos empuxa
cara un futuro
que
temos que facer.
|
Aldraxe
contra a xistra (1973)
Ningún comentario:
Publicar un comentario