Eu
nacín en Outono cando o sol
é
colleita total madurecida,
plenitude
cabal e ben cumprida,
frorecido
ronsel, morno remol.
En
Outono a vida é doce e mol,
esperanza
longamente presentida,
madurez
xenerosa conquerida
na
loita da semente por ser frol.
Eu
nacín en Outono cando o mundo
é un
froito dourado e en sazón,
un
soño melancólico profundo.
Para
ti é, Outono, esta canción
que a
min me deixou no corazón
un
misterioso vento vagamundo.
Poemas
ao Outono (1977)
Ningún comentario:
Publicar un comentario