A
lembranza do pai é unha pequena
margarida
que se me esvae
na
terra mol do sentimento:
o seu
recendo éncheme de nostalxia
e
perfuma o regato do meu sangue
cun
aroma maino e indelébel.
En min
están as súas palabras
garimosas,
a súa presencia
presidindo
o clan familiar,
gobernando
a tribo e ordenando
o
miúdo mundo dos xornaleiros
e
criados. Un tempo meu inmóbil
feito
luz tremelante na lembranza.
Ritual
para unha tribo capital de concello (1986)
Ningún comentario:
Publicar un comentario