Fala o arado
Eu,
arado, para mancar a terra,
para
fenderlle a entraña,
para
que o trigo e o centeo nazan.
Eu,
arado vello, non lembro
o
tempo no que viñen ao mundo
para
facer humildemente
a
deitura dos sucos
polosque
imparabelmente corre
a
seiva e a vida da campía.
Eu,
arado vello, fun carballo
erguido,
potente e estantío
e
nacín á beira do Pai Miño.
¡Eu,
meus amigos,
tamén
sei facer pequenos ríos!
O
Miño canle de luz e néboa (1996)
Ningún comentario:
Publicar un comentario