Un
sabe que non cabe no mar
o
seu anceio.
Nin
a terra
ou
a bóveda celeste teñen
capacidade
para contelo.
Foxe
de súbito.
Vai
a lonxe.
Procura
on sei que: unha
fonda
sede que non se pode
matar
nunca xamais.
Sempre
volta
desiluso, canso
e
moi tristoño.
E
falamos
fantasticamente,
é dicir:
con
rigor e verdaade.
Se
acaso
un
día non voltase iríao
procurar,
amiga,
na
sombra
delicada
do contra-soño teu.
Oráculos para cavaliños do demo (1986)
Ningún comentario:
Publicar un comentario