¡Pra escravo o labrador!
No Inverno móllase.
No Vrao derréteo o calor.
A súa vida é incerta:
ó sementar non sabe
se acerta ou non acerta.
Pra lograr unha anada
ten que contar co sol,
coa auga, coa xeada...
Como a terra é cega,
se lle dá froito un ano
o que vén xa llo nega.
Así vive o labrador:
¡comendo pan regado
con sangue e con suor!
Terra Chá (1954)
Ningún comentario:
Publicar un comentario