Teño
usada moita vida
en
ollar, observar
e
interpretar a fala
opaca,
escura,
enigmática
das cousas.
Nunca
se entregan
doadamente.
Precisan
amor e
un tempo lento
e
íntimo. Non se dan
enteiras.
Só deixan
ollar
anacos mínimos
do que
son, dun xeito
escuro
e lostregante.
Oráculos
para cavaliños do demo (1986)
Ningún comentario:
Publicar un comentario