sábado, 25 de xuño de 2016

Elexía polos días idos

Láiome amargamente polo tempo usado,
polas horas lentas e tristeiras
que foron modelando o meu
pobre corazón de tebra e barro.
Non sei se o tempo pasou ou non
pasou. Se o tempo que vivín
foi realidade. Ou se a única
realidade é este soño incerto
co que tento recuperar o tempo ido.
Sei que só me queda unha lembranza
imprecisa e nostálxica. E se lle
falo: racha a chorar desesperada.

As lúcidas lúas do Outono (1988)


Ningún comentario:

Publicar un comentario