mércores, 22 de xuño de 2016

Testemuño histórico

Moitos poemas do autor de Terra Chá foron musicados, como xa se dixo nalgunha outra ocasión; aquí queda este, no que denunciaba a especulación coas terras de distintas comarcas galegas e o xeito forzado en que se asentaban determinadas empresas rexeitadas pola vontade popular, grazas ao apoio do goberno (da ditadura e da posterior transición). A esta peza púxolle música Fuxan os ventos
Para terdes máis información sobre o caso das Encrobas, podedes ver o documental de Xosé Bocixa, nado en Cerceda, titulado "As encrobas. A ceo aberto".


Cantiga das Encrobas

Primeiro Portomarín,
logo Castrelo do Miño.
¡Dispois tocoulle As Encrobas
sufrir parello destiño!
Raposos capitalistas
que non deixan un torrón,
sementan todo de lixo,
porcallada e polución.
Nas nosas terras labregas,
fértiles e feiticeiras,
queren erger celulosas
que cheiran como esterqueiras
Queren encher a Galicia
de industrias contaminantes
e que o noso povo siga
a producir emigrantes.
As terras son dos labregos
dende tempo inmemorial
mais agora, sin razón,
rouballas o capital.
Cando o povo pide o seu
con valente e baril
mándanlle, pra contentalo,
cabaleiros de servir.
Hai pouco foi nas Encrobas,
ás portas de Xove están,
Si a algún lugar non chegaron
axiña apareceran.

Disco “ O tequeletéquele” de Fuxan os Ventos, 1977

Ningún comentario:

Publicar un comentario