sábado, 18 de xuño de 2016

Solpor

Foz, érguese fermosa como unha canción:
nos beizos a cantiga, na mao o timón.
¡Para loitar co mar e para abrir o terrón
fai falla ser valente e compre corazón!

¡Ouh ondas do mar de Foz, altivas e algareiras:
vides conta a terra feras e guerreiras!
¡Bicade con amor a as praias e as ribeiras!
¡Qué vosos sons irados se volten muiñeiras!

Foz, homilde e calada, sempre rente ao mar:
só a quen vai con ela lle di seu cantar:
nel o peixe e a espiga véñense a xuntar:
¡o milagre sinxelo nunca ten que contar!

Versos florecidos en louvanza de Foz (1967)

Ningún comentario:

Publicar un comentario