A fouce
A fouce brila e rebrila
cando está ben afiada.
A súa brancura escintila
coma se fose de prata.
Corta silvas, corta herbas
sega o trigo e o centeo.
¡A túa feitura recorda
á lúa que está no ceo!
-Neno: ¡non toques a fouce!
¡Non toques súa folla fría!
-¡Non toques a fouce, neno
que a fouce te cortaría...!
Os soños na gaiola (1972)
Ningún comentario:
Publicar un comentario