Se non é nunha é noutra, toda Galiza anda en festas: aquí recolle Manuel María algunhas das máis coñecidas da súa bisbarra e doutros lugares da nosa terra:
Romaxes
Hei de ir á Virxe do Monte
de romeiro, a agua e pan.
Auguiña fresca, de fonte
e un bon caxigo na man.
O San Sidro inda non foi
e non me cadra moi lonxe.
¡É o San Pedro en Taboi
e o Sanamede é en Bonxe!
E se lle pido algún ben
Santa Isabel non mo nega.
¡Á súa ermida irei tamén
antes de facer a sega!
Se o centro non se apedra
ofrecereime con vela:
¡ós Milagros de Saavedra
e máis á Virxe de Cela!
A Vilalba irei ruar
nas festas do San Ramón.
¡Nos beizos levo un cantar,
saudades no corazón...!
Sen romaxes non me afago
que son romeiro cumprido.
¡Teño de ir ó Santiago
e ó San Andrés de Teixido!
Terra Chá (1954)
Ningún comentario:
Publicar un comentario