Ando a pedirlle á vida; luz, beleza,
delicadeza xentil, unha canción,
a virxinal tempestade da paixón,
o dereito á dignidade e á enteireza.
Pídolle, amiga, que a flor do corazón
se peche sempre ao odio e á vileza
e que se abra ao amor, á sinxeleza,
ao latexar sinceiro da emoción.
Cando sinta chegar o meu remate
agardarei, serenamente, o propia fin
recebendo a lanzada que me mate.
Pois, co decorrer dos anos, aprendín
como pode vencer neste combate:
amando á vida e que ela me ame a min.
As lúcidas lúas de Outono (1988)
Ningún comentario:
Publicar un comentario