martes, 30 de agosto de 2016

Ode á alegría do mundo

Dende o sol á herba pequeniña que,
por timidez, se agacha debaixo
da árbore ou dos arbustos,
todo, absolutamente todo
no mundo é alegría,
paixón que queima ao universo,
facendo xurdir as cegas,
poderosas forzas creadoras
polas que a vidaa corre segura
e incontíbel, sen deterse.
Sen alegría non hai vida.
E unicamente o home é
quen de verdade leva
a semente da morte e da tristeza.

As lúcidas lúas do Outono (1988)



Ningún comentario:

Publicar un comentario