mércores, 3 de agosto de 2016

Canción

No fondo dos teus ollos
dorme un vento
con recendo a cervos
e a carqueixas.

No fondo dos teus ollos
unha paisaxe
en que agroma a tenrura
docemente.

No fondo dos teus ollos
a miña presenza
para borrar
esa sombra feble de soidade.

Entre a arxila e a luz (BVG, 1956-1957)

Ningún comentario:

Publicar un comentario