Entre os patriotas galegos
eu lembro a Moncho Reboiras.
¡Coñecérono os labregos,
os montes e as corredoiras...!
¡Qué mozo, valente e bon,
qué mozo, bon e valente...!
¡Qué xigante corazón
e qué ollada transparente...!
Era un carballo moi forte,
xeneroso e loitador.
¡Era a Galiza o seu norte
e a patria o seu amor...!
¡Era un ameñecer con sol...!
¡Era da patria un retrinco!
¡E matárono en Ferrol
no ano setenta e cinco...!
¡Hai en Dodro unha flor pura
de máis valor que unha xoia
que naceu na sepultura
de Moncho Reboiras Noia...!
As rúas do vento ceibe (1979)
Ningún comentario:
Publicar un comentario