Eu sei dunha estrela
perdida nos ceios,
irmá dos meus soños
e dos meus anceios.
A estrela rebrilla
cando miro para ela
cos ollos abertos
e ollada sinxela.
Eu sei que esa estrela
perdida na noite,
si cecáis lle falo,
cecáis ela escoite...
Eu sei dunha estrela
cal outra non vin:
¡si eu ollo para ela,
ela olla para min...!
¡Eu sei dunha estrela!
¡Coa estrela eu soñei:
si ten nome ou non
é o que non sei...!
Os soños na gaiola (1972)
Ningún comentario:
Publicar un comentario