martes, 11 de outubro de 2016

Fuxidía

Nada é tan difícil como voltar
á inocencia orixinaria,
á pureza primeira.
Por iso é fermoso e necesario
non cavilar en nada, non sentir
latexar o corazón, non escoitar
o confuso rumor do noso sangue,
quedar en silencio: esquecer
os movementos e as palabras
e deixarse ir caladamente
nunha nube fuxidía ou no río
que foxe e non retorna nunca máis.

Versos do lume e do vagalume (1982)


Ningún comentario:

Publicar un comentario