luns, 17 de outubro de 2016

Elexía por unha dúbida

Non sei se era dúbida ou era
vaguidade, si ou non,
día ou noite,
intuición ou sentimento,
amor ou odio,
farrapo de brétema
ou raiola de sol.
Non cheguei a distinguir
se era o frío da vida ou
o calorciño tépedo da morte.

As lúcidas lúas do Outono (1988)

Ningún comentario:

Publicar un comentario