Nunha xornada coma hoxe, na que as mulleres da Ínsua converten a tasca de liño tradicional nunha magnífica ocasión para o encontro, presta este poemiña que fala deste cultivo:
O melro
No tempo de botar o liño
agochado na silveira
canta o melro, melriño
a vida Primaveira.
Se chove, chove amodiño
sobre da flor da cerdeira.
E o melro, melro, melriño
canta de moitas maneiras!
Terra Chá (1954)
Ningún comentario:
Publicar un comentario