venres, 28 de outubro de 2016

Teima co solpor

 Agora que entrei no propio Outono
e camiñando xa para o solpor,
acendo, cada día, o meu amor
na luz centilante dun ensono.

Non teño tesouros e son dono
da estrela, do orballo, do albor,
do incansábel regueiro cantador,
dos furacás, dos mares e do trono.

Pois que gasto barba ben nevada
e teño a cabeza encanecida
cou andando asombrado pola vida.

Aínda agardo, con teima porfiada,
a xeira de amor alporecida
que faga do solpor unha alborada.

Poemas ao Outono (1977)


Ningún comentario:

Publicar un comentario