xoves, 20 de outubro de 2016

Quedar

Todo pode quedar,
Señor,
nunha cantiga.
Todo pode quedar,
Señor,
baixo do vento.

Todo queda,
Señor,
ao vir a morte.
¡Todo queda,
Señor!
¡Todo é silencio!

¡Dános, coa morte
e co silencio,
unha cantiga!
¡Dános alento!

Libro de pregos (1962)

Ningún comentario:

Publicar un comentario